Distribución
O primeiro que destaca é que hai un elevado porcentaxe, 51,3 %, de novas relacionadas co lobo. O seguinte animal máis mencionado na prensa é o xabaril, 17,6%, cunha incidencia claramente menor que o citado cánido. Na gráfica 1, represéntanse as diferentes especies atopadas nos periódicos. |
Gráfica 1:
Diagrama de sectores no que se recolle as especies máis mencionadas na prensa en porcentaxe. As categorías son lobo, oso, xabaril, raposo, varios (inclúen cervo, corvo, corzo, voitre, coello) e outros cánidos (can, raposo ou lobo pero non diferenciados). |
Papel do animal na nova
Ademais, chámanos a atención que o 63 % dos artigos sobre fauna salvaxe son negativos. Tan só un 14 % son positivos. Estes datos quedan reflexados na gráfica 2 e na táboa. Gráfica 2:
Fixándonos nas tres especies máis populares na prensa (lobo, xabaril e oso), a maior porcentaxe de novas negativas é para o xabaril (85,3 %) seguido do lobo (70,7%) e por último do oso(18,8 %). Os lobos son protagonistas fundamentalmente de informes negativos, igual que os xabarís, xa que provocan danos na economía rural; dos osos , debido a súa baixa densidade, recóllense máis novas neutras como avistamentos da súa presenza. (Gráfica 3)
|
G r á fi c a 3 :
Histograma no que se r e p r e s e n t a n as porcentaxes de novas negativas para o xabaril, lobo e oso. |
Parece que para que aos humanos nos guste un animal (ou non nos moleste) non pode causar dano a nada que teña que ver coa nosa economía. É aceptable pensar así? Os humanos destrozamos moito máis do que estropean todos os animais xuntos. Sen embargo, non consideramos que haxa que controlar a poboación de humanos, nin ternos metidos nun valado. Esíximoslle á fauna salvaxe que se comporte cos nosos benes de xeito similar a como debemos comportarnos os humanos (tendo en conta que hai humanos que non respectan eses límites…). Sabe un lobo que unha ovella é propiedade privada? Ou deberemos poñer nós os medios para convivir coa fauna salvaxe? Este é un debate interesante que se debería manter con seriedade coas partes afectadas.
Un exemplo desto foi esta nova coa que se estreou o ano 2017 en La Voz de Galicia (Imaxe 4) na que se contaba como un gandeiro fixera unha foto co móbil mentres o lobo non se inmutaba ante a presenza humana. Resultou que a foto fora tomada no ano 2010 .
Un xornalista debería asegurarse de que o que escribe é certo. A prensa é un mecanismo de transmisión de coñecementos: non é importante que estes sexan contrastados e veraces? Que nos parecería que nun xornal puxera, por exemplo, que o cancro se cura con antibióticos? Non se lle esixiría que consultase cun especialista antes de publicar iso? Por que coas novas sobre o medio natural, non se contrasta a información? No caso anterior, publicouse algo que era falso, pero outras veces publícanse novas nas que non se escoita aos especialistas na materia ou non se dan a coñecer todas as partes dun conflito. Poñemos un exemplo para ilustrar esto: o día 22 de marzo do 2017 en La Voz de Galicia, en cor, no titular indícase que o corvo mariño esquilma os ríos (Imaxe 6). Aquí indícase que a causa da diminución de truitas e salmóns en ríos galegos e asturianos son estas aves. Non se citan outras posibles causas desa diminución (contaminación dos ríos, barreiras para o avance dos salmóns,perda de lugares de desove polo abandono do rural, sobrepesca, etc.) nin se aporta
máis proba que un “antes vías algún exemplar, pero agora xa nos encontramos con bandadas de 30 ou 40 exemplares” (cita do xornal); é dicir, non se apoia en ningún censo nin en ningunha proba científica, senon máis ben nun sesgo de confirmación (aceptamos sen máis as probas que apoian as nosas ideas mentres que nos mostramos escépticos coas que son contrarias, considerándoas parciais ou interesadas). Nese día,
ningunha mención a algún ictiólog@ (especialista en peixes), ornitólog@ (especialista en aves) ou ecólog@ (especialista en relacións entre seres vivos).
Neste caso, o día seguinte, (Imaxe 7) e seguramente alertado pola reportaxe, un ornitólogo da Sociedad Española de Ornitología si que se puxo en contacto co xornal para indicar que o número destas aves en Galicia e Asturias non aumentou nos últimos anos, segundo os
seus censos.

Imaxe 7: Recorte da nota de La Voz de Galicia do 22 de marzo do 2017 na que se di que a causa de que diminuiran salmóns e truitas foron os corvos mariños.
|
Imaxe 6: Recorte da nota de La Voz de Galicia do 23 de marzo de 2017 na que se recolle a opinión dun ornitólogo sobre a evolución do número de corvos mariños en Galicia e Asturias.
|
As veces, os xornalistas non buscan fontes fiables de información xa que se escriben falsedades, como que o lobo é unha especie protexida en Galicia, que hai “lobos caseros”, ou incluso que se poden ter introducido lobos en Galicia nalgún momento.
Ademais, danse titulares alarmistas como ocurriu o 28 de agosto do 2016 en El Correo Gallego (Imaxe 8), no que se da a entender que o principal inimigo da sociedade é o xabaril, e incluso que a principal causa de deterioro do agro galego é a fauna salvaxe. Parécenos unha visión moi simple do rural galego ademais de utilizar a fauna como chivo expiatorio de moitos problemas económicos.

Verdadeiro ou Falso
Por último, analizamos a porcentaxe de novas falsas (que teñen datos que non son correctos ou que son falsos, como por exemplo suxerir que a Xunta solta lobos) en cada xornal. Destacamos que ningunha das novas revisadas de El País e de El Progreso resultou ser falsa. Pola contra, o 80 % das informacións sobre fauna proporcionadas por El Correo Gallego son falsas. Na gráfica 4 recollemos as porcentaxes de novas falsas nos xornais analizados. |