INTRODUCCIÓN
O lobo sempre foi un animal moi mal visto pola sociedade, debido a súa competencia co ser humano, sobre todo polos frecuentes ataques e danos á gandeiría. Multitude de historias e lendas co lobo como triste protagonista exténdense por toda a área de distribución histórica da especie. Aínda que esta situación vai cambiando pouco a pouco, nunha parte da sociedade segue habendo un sentimento moi negativo cara ao lobo, o que se reflexa nas noticias da prensa. |
|
Neste traballo quixemos analizar ata que punto esta visión negativa do lobo segue presente, a través das noticias da prensa. Para iso buscamos noticias adicadas á fauna e comparamos o tratamento dado ás diferentes especies. Tamén analizamos as posibles diferenzas entre uns diarios e outros e a veracidade ou obxectividade empregada neles. Neste sentido, prestamos especial atención á utilización do termo “alimaña”, palabra extendida a raíz do “decreto das alimañas”, da época franquista. Nese decreto tratábase como “alimaña” aos animales que poden causar danos á gandeiría ou ás especies de caza menor, como se éstas últimas fosen propiedade particular dos cazadores.